
Proxecto Museo a Flote
Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros


Qué e o Proxecto Museo a flote ?
O proxecto Museo a Flote da Asociación Os Patexeiros é un espazo cultural dedicado á recuperación e difusión da cultura marítima de Sada e do Golfo Ártabro. Conta xa coa concesión oficial de 300 m² de superficie en terra e 700 m² de lámina de auga, onde se desenvolverá o ecomuseo. A iniciativa combina unha área expositiva en terra cun pantalán destinado a embarcacións tradicionais, que non só se conservarán senón que tamén navegarán. O proxecto pon en valor os oficios do mar, especialmente a carpintería de ribeira, e promove a transmisión do patrimonio marítimo ás novas xeracións. Ademais, desenvolveranse actividades de formación, culturais e divulgativas, incluíndo obradoiros de carpintería de ribeira e outras accións vinculadas ao mar. Pretende ser un espazo vivo, aberto á cidadanía, con actividades culturais, educativas e divulgativas. Así, contribúe á dinamización social e turística de Sada, reforzando a súa identidade mariñeira e apostando por un modelo sostible ligado ao mar.
Xa está feito o proxecto técnico mediante unha subvención de desenvolvemento pesqueiro, e ademáis encargouse un estudo de impacto paisaxístico. Agora só queda o paso final : Empezemos a construir !!!