
Proxecto Museo a Flote
Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros

Cómo nos podes axudar?
1.- Doazón desinteresada (crowdfunding)
Pincha na foto para ir á páxina de Crowfunding)
Estamos a desenvolver unha campaña de crowdfunding para facer posible o inicio do proxecto, nun momento clave no que os gastos se multiplican e é necesario o apoio da comunidade. Esta campaña articúlase en diferentes escalas de colaboración (10 €, 20 €, 50 €, 100€, 200€, 500€, 1500€), para que calquera persoa poida participar segundo as súas posibilidades. Cada achega, por pequena que sexa, contribuirá directamente a facer realidade este espazo cultural ligado ao mar.
A campaña está nesta páxina: https://www.goteo.org/project/ecomuseo-a-flote
2.- Préstamo sen xuros a 5 anos
Os Bonos Patexeiros son unha forma de colaborar co proxecto mediante un préstamo sen xuros á Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros.
A achega mínima é de 100 €, podendo participar con calquera cantidade superior. O obxectivo é aportar liquidez nun momento clave, mentres se agarda pola chegada de subvencións. A asociación comprométese á devolución íntegra nun prazo máximo de 5 anos, con posibilidade de devolución anticipada. Para iso, asinarase un contrato, mediante o cal se outorga tamén un título de bono á persoa colaboradora. Esta modalidade está aberta a calquera persoa interesada. Ademais, se así o desexa, a persoa colaboradora poderá figurar publicamente como colaborador/a do proxecto.
No caso das persoas asociadas, non substitúe a cota anual, senón que é unha colaboración adicional. Unha maneira directa de apoiar o Museo a Flote e contribuír á conservación da nosa memoria mariñeira
3.- Mecenado
Tamén ofrecemos a posibilidade de colaborar a través do mecenado, unha fórmula especialmente pensada para entidades, empresas e organizacións que desexen apoiar o proxecto de maneira directa. Trátase dunha achega desinteresada destinada a impulsar o desenvolvemento do Museo a Flote e das súas actividades culturais, educativas e de conservación do patrimonio marítimo.
No caso dun mecenado significativo, a asociación recoñecerá publicamente o apoio incorporando o logo da empresa ou entidade como colaboradora do museo, tanto nos soportes vinculados ao proxecto como na páxina web. Deste xeito, establécese unha relación de colaboración visible, asociada aos valores de cultura, territorio e sostibilidade que promove a iniciativa.
O mecenado supón así unha oportunidade para que empresas e entidades formen parte activa dun proxecto cultural de impacto social, contribuíndo á preservación da nosa memoria mariñeira e ao seu futuro.
