
Proxecto Museo a Flote
Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros


A Asociación Cultural mariñeira Os Patexeiros
A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 2009 en Sada, co obxectivo de recuperar, conservar e difundir o patrimonio marítimo tradicional de Galicia. Naceu da iniciativa dun grupo de persoas comprometidas coa defensa da memoria mariñeira e dos oficios do mar. Dende entón, traballa na restauración e posta en valor de embarcacións tradicionais, así como na recuperación de técnicas e coñecementos vinculados á navegación e á vida no mar. Ao longo dos anos, a asociación ten desenvolvido cursos de carpintería de ribeira, ecoregatas, expòsicions, actividades divulgativas, e outras accións formativas. Participa activamente en diversos eventos de patrimonio marítimo e foi coorganizadora do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. A súa labor céntrase en manter vivo este legado e transmitilo ás novas xeracións, contribuíndo a reforzar a identidade mariñeira de Sada e da súa contorna.